Tom Howard
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1894 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de outubro de 1961 (67 anos) |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, fotoxornalista, xornalista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Jason Sudeikis, bisneto |
Thomas James Howard Jr., nado o 11 de setembro de 1894 e finado o 8 de outubro de 1961 foi un fotógrafo estadounidense que traballou na oficina de P. & A. Photographs de Washington durante a década de 1920.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa fotografía da execución de Ruth Snyder na cadeira eléctrica na prisión de Sing Sing, o 12 de xaneiro de 1928, foi chamada "a foto de xornal máis famosa da década".[1]
A foto da execución
[editar | editar a fonte]Os reporteiros gráficos non están autorizados fotografar execucións nos EUA, polo que o New York Daily News, decidido a conseguir unha fotografía, recorreu ao subterfuxio. Trouxeron a Howard, que non era coñecido polos vixiantes nin polos xornalistas da zona de Nova York. Chegou cedo e, facéndose pasar por escritor, tomou fotos cunha cámara en miniatura que levaba atada ao nocello. A cámara tiña unha única placa fotográfica, unida por cable ao disparador oculto na súa chaqueta. Cando o corpo de Snyder tremeu pola sacudida, Howard premeu o disparador, deixando ao descuberto a placa.
A foto publicouse ao día seguinte na primeira páxina do xornal baixo o título "DEAD!"; Howard gañou popularidade da noite para a mañá, e foi pagado moi ben pola imaxe. Despois traballou en xornais en Washington e Chicago, retirándose como fotógrafo xefe do Chicago Sun-Times en 1961, o ano da súa morte. Levaba semixubilado desde 1951 após un infarto.
A cámara que Howard utilizou para captar a toma forma parte da colección do Museo Nacional de Historia Americana do Instituto Smithsoniano.[2]
O Estado tentou procesar a Howard e o xornal, pero nunca se materializou. Durante moitos anos despois, as testemuñas das execucións foron rexistradas e pedíuselles que levantasen as mans para que non puidesen utilizar cámaras ocultas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Un neto de Howard é o actor George Wendt e un seu bisneto é o actor e comediante Jason Sudeikis.[3] A súa muller, Helen, morreu en 1958.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serena, Katie (2018-05-23). "The Shocking Story Behind The First Photo Of Death By Electric Chair". All That's Interesting (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "Howard ankle camera". National Museum of American History (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ McRady, Rachel (2014-02-24). "Jason Sudeikis Hangs Out With Uncle, Cheers Star George Wendt: Picture". Us Weekly (en inglés). Consultado o 2023-10-21.